Remata a obra de renovación da cuberta no patio do colexio Otero Pedrayo da Laracha

José Manuel López e Trenor, 1º e 2º pola dereita, vendo as obras.

José Manuel López e Trenor, 1º e 2º pola dereita, vendo as obras. / Xunta

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde da Laracha, José Manuel López, supervisou o remate das obras do cambio de cuberta do patio interior do CEIP Otero Pedrayo, que contaron cun orzamento de 48.000 euros.

Os traballos consistiron na retirada da actual cuberta de fibrocemento, para o que se elaborou o protocolo de desamiantado regulamentario. A nova cuberta esta executada cun panel sandwich formado por dúas chapas de aceiro galvanizado de 0,5 milímetros de espesor. Na nova cuberta dispóñense unhas bandas lonxitudinais de material traslúcido para ter iluminación natural no espazo baixo a cuberta. Ademais instaláronse todos os remates necesarios en chapa de aceiro galvanizado con protección HDX, un canlón de aceiro inoxidable e unha novas baixantes de PVC para o correcto funcionamento da cuberta.

“A finalidade da obra foi acadar as condicións axeitadas de uso no espazo baixo a cuberta así como mellorar as condicións térmicas deste espazo”, explicou Gonzalo Trenor ao respecto.