Ribeira destina 6.750 euros ao concurso de embelecemento de balcóns, fachadas e xardíns

Os edís Francisco Suárez-Puerta e Antía Alberte coas cestas.

Os edís Francisco Suárez-Puerta e Antía Alberte coas cestas. / Concello de Ribeira

Os concelleiros de Festexos, Francisco Suárez-Puerta, e de Cultura de Ribeira, Antía Alberte, presentaron o concurso de embelecemento de Nadal de fachadas, balcóns e xardíns destinado a todas as parroquias. Os participantes deben enviar ata o día 20 un máximo de 3 fotos nas que se poida apreciar a decoración. Entregaranse premios por 6.750 €, distribuídos en tres categorías, e tres premios para cada unha das 9 parroquias: un vale de 400 €, unha cesta valorada en 200 € e outra valorada en 150 €.

TEMAS