Teo leva o envellecemento activo por todo o municipio con cursos

 Haberá actividades de pintura, encaixe de palillos, natación, curso de manexo de Internet e teléfono móbil ou linguaxe de signos

Terá como sedes as casas comúns de Cacheiras, Vilariño, Solláns, Oza, Lampai, Rarís ou Francos e lugares como A Ramallosa, Os Tilos, Luou, Lucí, A Torre, Recesende e Calo

Imaxe de arquivo de algúns asistentes ao programa de envellecemento activo de Teo

Imaxe de arquivo de algúns asistentes ao programa de envellecemento activo de Teo / Concello

O Concello de Teo abriu xa o prazo de inscrición para as actividades e cursos de balde do Programa Envellecemento Activo 2024, pensado para a veciñanza maior. Así, entre os cursos ofertados está o de pintura, encaixe de palillos, natación, curso de manexo de Internet e teléfono móbil e de lingua de signos. Tamén haberá actividades de estimulación cognitiva e memoria, ximnasia terapéutica e ximnasia para persoas con enfermidades crónicas.

Ademais, para facilitarlle aos interesados o poder asistir a todas estas actividades, a oferta comprende numerosos lugares do Concello, destacando as casas comúns de Cacheiras, Vilariño, Solláns, Oza, Lampai, Rarís e Francos. Pero tamén noutros lugares como A Ramallosa, Os Tilos, Luou, Lucí, A Torre, Recesende e Calo. Aseguran que a oferta formativa ten “moito éxito entre as persoas maiores, que ven a posibilidade de manterse activos e poder socializar co resto da veciñanza”. Ao fío, a alcaldesa Lucía Calvo incidiu na necesidade de seguir impulsando este tipo de cursos para dinamizr ao colectivo da terceira idade.