José Luis Baños gaña o certame de literatura infantil Carlos Mosteiro

Pola esquerda, Lourdes Briones, viúva de Carlos Mosteiro; María Canosa; Patricia Lojo; Marcos Calveiro e María Xesús Blanco

Pola esquerda, Lourdes Briones, viúva de Carlos Mosteiro; María Canosa; Patricia Lojo; Marcos Calveiro e María Xesús Blanco / Concello da Pobra

Suso Souto

Preto de trinta textos concorreron á sexta edición do Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro, convocado polo Concello da Pobra, que o xurado decidiu outorgar á obra Fóra de xogo, de José Luis Baños. Marcos Calveiro, director de edicións de Galaxia; María Xesús Blanco, presidenta da asociación Barbantia; e María Canosa, gañadora da quinta edición, integraron o tribunal, que destacou a calidade dos orixinais presentados. O libro galardoado narra unha relación de amizade entre dúas nenas do Afganistán unidas polos seus soños ao redor dun balón e as normas do fútbol. Reivindícanse así os dereitos das nenas a través do deporte, da amizade e dos soños compartidos nunha situación de discriminación e desesperanza. O premio ten unha dotación económica de 3.000 euros, a publicación na colección Árbore da Editorial Galaxia e o repartimento de exemplares entre a rapazada pobrense. A edil engadiu que con esta nova obra vai medrando unha colección “moi interesante” ao redor do premio literario.