Carballo remata a primeira das 5 reformas integrais de parques

O alcalde, Evencio Ferrero, no renovado parque da Ponte de Bértoa

O alcalde, Evencio Ferrero, no renovado parque da Ponte de Bértoa / Concello de Carballo

Suso Souto

O Concello de Carballo vén de rematar a remodelación integral do complexo recreativo da Ponte de Bértoa, na que se investiron 150.000 €. Procedeuse á renovación total da zona de xogos, a primeira do municipio na que se instala céspede artificial especial para uso infantil. Tamén se reformou a pista polideportiva, de formigón pulido, apta para a práctica de fútbol sala, balonmán e baloncesto, e ademais creouse unha nova zona de calistenia. Ademais, renováronse os cerramentos e colocáronse bancos novos. As obras foron executadas pola empresa Jardinería Arce, a mesma que iniciará despois do Nadal as tres actuacións incluídas no proxecto Carballo para a infancia, que ten un orzamento de medio millón de euros. Grazas a este investimento, cofinanciado pola Deputación da Coruña, acometerase a renovación integral dos parques infantís das prazas do Concello, A Milagrosa e Eduardo Pondal. Pola súa banda, a firma Vázquez y Reino fará a reforma integral do parque infantil de Razo, na que se investirán 150.000 euros.