A humanización de Bertamiráns prima xa o peón e iguala plataformas
Elimina as barreiras arquitectónicos do centro da capital maiá
Tamén serve para calmar o tráfico reducindo a velocidade dos vehículos
O goberno socialista de Ames fixo balance de remate das obras de humanización de Bertamiráns, suliñando que soluciona algúns dos principais problemas urbanísticos. Entre eles cita que había un deseño non proporcional ás necesidades dos peóns con beirarrúas moi estreitas; deficiencias no cumprimento dos estándares de accesibilidade (como plataformas a diferentes alturas ou acceso ás beirarrúas); e unha contorna pouco amable cos peóns.
La humanización avanza en Ames con una expropiación en Milladoiro y el fin de obras Edusi en Bertamiráns
Deste xeito, afirman que coa humanización da améndoa central da capital déuselle prioridade aos espazos peonís co incremento das beirarrúas, eliminación de barreiras arquitectónicas e continuidade nos itinerarios. Tamén se calmou o tráfico reducindo a velocidade nas interseccións e coa creación de plataformas compartidas por vehículos e peóns. E, por último, realizouse unha importante renovación da imaxe desta zona coa instalación de mobiliario urbano máis moderno e cunha maior coherencia nos diferentes pavimentos instalados.
Esta actuación é unha das boas prácticas da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sustentable (EDUSI), Impulsa Ames.
Temas
Más en Área
-
Tres detenidos en Ribeira por tráfico de drogas, después de tratar de huir y embestir a un coche policial
-
Arde unha furgoneta isoterma estacionada nun aparcadoiro público de Ribeira
-
Culpan a un norovirus y no al menú escolar de las gastroenteritis detectadas en al menos dos centros educativos de Ames
-
Los turoperadores atraerán a visitantes de doce países como Filipinas y Jordanía desde Silleda y para toda Galicia