Críticas ao baleiro nos Tilos un ano despois da “talla cacique” dos nove liquidámbar

Dende a asociación de veciños lembran que converteron o espazo nunha zona de tránsito, e que un exeñeiro avalaba a poda

Afirman que tivo "moito que ver" co cambio de goberno de Sisto, que defendía a drástica medida por razóns de seguridade

Tala dos nove liquidámbar que conformaban un paseo nos Tilos, Teo

Tala dos nove liquidámbar que conformaban un paseo nos Tilos, Teo / Cedida

Desde a Asociación de Veciños dos Tilos (Teo) lembran que o pasado mércores cumpríase un ano “da talla cacique dos liquidámbar no noso parque”, que ordenaba o Concello por “seguridade”. Foi unha decisión que mobilizou a boa parte desta urbanización para mostrar o seu malestar e, ao seu xuizo, “despois tivo moito que ver nas eleccións municipais, xa que se cambiou” o executivo que ia suceder a Sisto.

Tamén afirman na AA VV que, tras un ano, “comprobamos que non serviu para nada e deixounos sen un espazo do que xa ninguén goza e simplemente converteuse nunha zona de tránsito, xa que no verán o sol é insoportable e no inverno non protexe da choiva”. Ademais, os residentes presentaron no seu día o testemuño dun enxeñeiro de montes, Antonio de María Angulo, no que se avogaba por una poda xeral para evitar a eliminación de tantos exemplares. 

TEMAS