O grupo Tu Futura Exmujer gaña o certame 2024 do Queixo Maquetón de Arzúa

O conxunto bergantiñán actuará no Festival do Queixo o sábado 2 de marzo

Esta banda de indie-garage ofrece un son movido con melodías psicodélicas

Integrantes do grupo Tu futura exmujer, gañador do certae Queixo Maquetón 2024

Integrantes do grupo Tu futura exmujer, gañador do certae Queixo Maquetón 2024 / Sara Cruibal

 O grupo Tu Futura Exmujer foi o gañador do concurso Queixo Maquetón, incluído na 49 edición da Festa do Queixo de Arzúa. Trátase dun cuarteto de Carballo que, ao igual que os seus antecesores Apart (da mesma localidade), convértese no gañador da 15.ª edición do concurso arzuán para grupos noveis. Levarán como premio 1.300 € e actuarán no Festival do Queixo o sábado 2 de marzo.

Ofrece, como conxunto de indie-garage, un son movido con melodías psicodélicas, letras tanto tristes como cheas de retranca, soando nostálxico pero moderno. E está formado por catro amigos de toda a vida, Haime Regueiro (voz e guitarra), Manu Eirin (guitarra e sintetizados); Dani Vecino (batería e coros) e Iago Pardiñas (baixo).

Publicaron o primeiro single Lo Intentamos no 2020, e dende aquela levan publicados 5 singles e un EP homónimo totalmente gravado e editado con medios precarios por Haime, o vocalista. En 2022 publican o primeiro adianto do seu primeiro álbun Novos Millonarios gravado e mesturado por Julián Goikoa (baixista en Mundo Prestigio) que saiu en 2023.