Teatro, música e danza ata o mes de xuño no Auditorio de Vimianzo

Nieves Lema, esq., Mónica Rodríguez e Rosa Blanco co programa  /C. V.

Nieves Lema, esq., Mónica Rodríguez e Rosa Blanco co programa /C. V. / J. M. ramos

J. M. Ramos

O Auditorio de Vimianzo acollerá entre febreiro e xuño 14 actuacións teatrais, musicais e de danza. A programación, cofinanciada pola Deputación da Coruña e Agadic, dará comezo o día 24 coa VI Foliada do Río Grande, organizada polos grupos Airiños do Río Grande de Pasarela e Foliada de Salto. O 2 de marzo Manuel Manquiña e Sabela Hermida presentarán Todo unha noite, e o día 9 será a quenda de Ángeles Goás con Herdanza.

Excéntricas traerá o día 16 o espectáculo O auto do Castromil, e o sábado 23 a compañía Con de tres pés presentará a comedia Sibaris.

Xa en abril, Sarabela Teatro porá en escena Made in Galiza (día 6); Conductores Suicidas ofrecerán un concerto tributo a Joaquín Sabina (día 13); e Culturactiva presentará Vía Morta (día 20).

En maio Talía Teatro escenificará Desexo (día 4); as escolas municipais de música ofrecerán dous concertos os días 11 e 18; Elefante Elegante presentará Alma de tigre (día 25); e a Escola Municipal de Teatro pechará o programa os días 1 e 2 de xuño.