Síguenos en redes sociales:

ENCONTROS LITERARIOS

Percorrido poético por Fisterra e Muxía con versos recitados polo polifacético José Luna

Inaugurou a nova Ruta 3+3 recitando os seus versos

Percorrido poético por Fisterra e Muxía con versos recitados polo polifacético José LunaVíctor Hugo

O poeta, narrador, dramaturgo, ensaísta e dinamizador cultural José Luna protagonizou este sábado a primeira Ruta Poética 3 +3 polo Hotel Bela Fisterra e o Albergue Bela Muxía, onde o polifacético artista multidisciplinar recitou tres poemas dende as terrazas de ambos os dous establecementos, na compaña doutros creadores literarios e do público asistente. Un novo encontro coa literatura que serviu para estrear un novo formato co que seguir achegando a cultura a estes recunchos da fin da Terra, baixo a coordinación do xerente dos referidos aloxamentos, Pepe Formoso.

José Luna, que exerce como mestre no CEIP do Foxo, en Pontevedra, foi director de Edicións Fervenza, ademais de fundador da Festa da Poesía e do Partido de Fútbol a prol da Lingua, así como do Premio de Teatro MOME Varela Buxán.

Entre os seus poemarios destacan Memorias do Cairo, A Marcial Valladares, Stradapop, Sol Rebulideiro, O libro dos bicos, A Estrada da Vida, O tempo entre as mans, Camiñando, camiñando, e A mar, amar.

Pulsa para ver más contenido para ti