Alumnos do centro de FP Divino Maestro da Pobra farán prácticas en Francia e Portugal

Noemí Calderón, esquerda, directora en funcións do centro de FP Divino Maestro, cos cinco alumnos / cedida

Noemí Calderón, esquerda, directora en funcións do centro de FP Divino Maestro, cos cinco alumnos / cedida / suso souto

O centro de Formación Profesional Divino Maestro da Pobra, especializado na familia profesional de Administración e Xestión, presentou ante a Comisión Europea un proxecto de curta duración de Erasmus+ baixo o título Escola rural internacionalizada e inclusiva, que ten por obxectivo facilitar novas oportunidades ao alumnado para a realización das prácticas non laborais noutros países da Unión Europea.

No presente curso, o programa Erasmus+ vai permitir desprazar a tres alumnos e alumnas a Francia e e outras dúas a Portugal. No caso de Francia serán beneficiarios os alumnos de ciclo medio en Xestión Administrativa Francisco Lojo, Rocío Aboy e Grace Tape, que realizarán as súas prácticas na cidade de Sens, na rexión de Borgoña, no departamento de persoal e comercio do Concello da mesma localidade. A súa estadía prolongarase de abril a xuño.

No caso das mobilidades a Portugal, participarán as alumnas do ciclo básico en Servizos Administrativos Melisa Rivas e Ainhoa Romano, quenes se desprazarán á rexión de Madeira para traballar na Associação Académica da Universidade da Madeira, ubicada na capital da illa (Funchal). Neste caso, a súa formación práctica extenderase dende o día 5 de abril ata o 16 de maio.