PASCUA DE PADRÓN | CHUS CAMPOS Concelleira de Festexos de Padrón

"“Este ano quixemos estender a festa a todo o casco"

A concelleira de Festexos de Padrón pon en valor as festas da vila: “Son moi importantes para a economía do pobo” 

Chus Campos

Chus Campos / CEDIDA

Redacción

O concerto de Fillas de Cassandra, un dos grupos do momento, é un dos pratos fortes da programación. Que máis destacaría do programa de Pascua?

O concerto de Fillas de Cassandra é importante para darlle visibilidade á muller, en galego e con esa mensaxe feminista. Hai que salientar que quixemos estender a festa a todo o casco, levando tamén á zona de detrás do campo de fútbol, que había tempo que non se facía alí ningún tipo de actuación musical. Este ano haberá tres. Imos facer sesións vermú en prazas que normalmente non tiñan e que, este ano, terán sesións vermú con música. Hai que destacar tamén a iluminación con elementos personalizados, da Pascua e do pobo. Tamén decoramos de forma primaveral todo o centro e o que é a carretera, con flores. A xente está pedindo que quede un mes máis. As orquestras que veñen son as orquestras máis reseñables de Galicia, e estará tamén La Misión, que veñen de Madrid.

Como impactan estas festas na economía de Padrón?

Son moi importantes para a economía do pobo. Os restaurantes, a hostalería, teñen que cuadruplicar o seu personal ou incluso máis. É un reforzo para o resto do ano. Este ano, homenaxean no cartel oficial da Pascua a Casasnovas.

Que pode contar desta figura?

Te puede interesar

Casasnovas foi mestre aquí en Padrón moitos anos, impulsou o libro da Pascua e moitas asociacións deportivas, nas que estivo na directiva. É unha persoa moi coñecida e moi querida en Padrón. As novidades do cartel conxúganse coas apostas polo tradicional, como a Feira Cabalar e a Exposición de Maquinaria agrícola, que renova edición. Este ano, a Feira Cabalar a organiza a Asociación do Cabalo Galego, dirixida por Xacobo Pérez. Hai concursos morfolóxicos, dependendo das razas, incluso vai haber ponis, que aos nenos lles gustan. Os concursos teñen premios económicos bastante interesantes, e, ademais, haberá un espectáculo de doma pola tarde, con varias razas. Haberá gradas para que a xente poida ver as actividades con comodidade e seguridade. A Exposición de Maquinaria Agrícola chega á 51 edición, co que tivo que haber un avance tecnolóxico importante. Farase detrás do campo de fútbol, e disporá de maquinaria agrícola e industrial. 

LE AQUÍ O ESPECIAL SOBRE A PASCUA DE PADRÓN 2024 EN PDF

LE AQUÍ O ESPECIAL SOBRE A PASCUA DE PADRÓN 2024 EN PDF

LE AQUÍ O ESPECIAL SOBRE A PASCUA DE PADRÓN 2024 EN PDF