Boqueixón fomenta a natalidade con axudas para mercar alí e Vedra estende o saneamento

Despois de obrar nos sumidoiros vedreses de Bazar, agora acometen os de Fontao

As familias de bebés boqueixaneses terán ata 400 euros de axuda para crialos

Foto das obras saneamento en Vedra durante esete mes de marzo

Foto das obras saneamento en Vedra durante esete mes de marzo / Concello

O Concello de Vedra segue a acometer as obras de saneamento no seu termo municipal, a través do Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña. Así, e se por unha banda remataban en febreiro as intervencións nos sumidoiros para o lugar de Bazar (Trobe) cun presuposto de 137.061 €, agora veñen de comezar as melloras no lugar da parroquia vedresa de Fontao, cun orzamento de 121.999 € , unha actuación que deberá estar rematada antes do verán.

E, pola súa banda, o Concello de Boqueixón convocou as axudas destinadas ao fomento da natalidade no municipio durante 2024, de ata 400 € por cada crianza nada, adoptada ou acollida entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2024.

Gasto no municipio

O gasto subvencionado deberá ser realizado en empresas radicadas no municipio, e o prazo de solicitude para crianzas nadas, acollidas ou adoptadas entre o 1 de xaneiro e o 26 de marzo abriuse o pasado 27 de marzo e pecharase o vindeiro 10 de abril. A subvención ampliarase a 500 euros no caso de acreditar unha discapacidade do 33 por cento. 

TEMAS