Pechan varias pistas forestais na Laracha polos estragos dunha empresa madeirista
A Policía Local xa elaborou un informe dos danos ocasionados
O Concello abrirá un expediente sancionador á compañía
Estudarán unha modificación da ordenanza reguladora
O Concello da Larachapechou temporalmente varias pistas forestais da parroquia de Montemaior como medida de seguridade ao estar actualmente intransitables debido aos estragos causados pola empresa madeirista que está a realizar unha tala.
As vías afectadas, que serven de acceso a parcelas agrícolas, localízanse próximas aos núcleos de A Fieira, A Casanova, Balvís, O Penedo e As Nocellas. En total a lonxitude dos camiños cortados á circulación supera os tres quilómetros lineais.
A Policía Local redactou o correspondente informe de danos. O Concello xa está realizando as accións oportunas para, primeiro, sinalizar sobre o terreo para advertir aos vehículos do peche dos camiños forestais. Ao mesmo tempo, abriuse un expediente sancionador á empresa, á que se lle incautará a fianza ou aval depositados e se lle requirirá para que proceda a reparar os danos ocasionados.
Ante os reiterados problemas que se están a rexistrar no termo municipal causados polas empresas dedicadas á xestión forestal, e co obxectivo de minimizar os danos, o goberno local iniciou os trámites para modificar a ordenanza reguladora da actividade de corta, depósito, carga e transporte da madeira de tala.
Desde o Concello laméntanse as molestias que esta situación está a causar á veciñanza, principalmente aos propietarios das fincas emprazadas xunto ás vías afectadas.
Temas
Más en Área
-
Clun y Fefriga unen fuerzas para formar a los jóvenes ganaderos
-
Alrededor de 650 mayores festejaron el San Isidro en Rois y homenajearon a Xan do Pemento
-
Ames e Santiago conservan a Festa do Apego para darlle pulos ao idioma de Castelao e de Rosalía de Castro dende a nenez
-
La CIG critica la caída del falso techo en la escuela infantil de Milladoiro y la Xunta asegura que va a cambiar el tejado