Síguenos en redes sociales:

MALPICA

Sufocan un incendio orixinado nuns cables dunha fachada en Buño

O lume foi extinguido polos bombeiros do parque comarcal de Carballo

Non houbo persoas afectadas nin en perigo

Sufocan un incendio orixinado nuns cables dunha fachada en BuñoPolígono de Carballo

Os bombeiros do parque comarcal de Carballo sufocaron un lume que se orixinara nos cables sitos nunha fachada do número 10 da rúa Santa Catalina, de Buño, no municipio de Malpica. O aviso foi trasladado polo 112 arredor das 21.15 horas do mércores, informándose de que non había persoas afectadas nin en perigo.

Para realizar a extinción do incendio, os efectivos botaron auga con impulsos de alta presión que foi subministrada polo vehículo do GES de Ponteceso, presente tamén na intervención. Por mor do incidente, parte do tendido eléctrico descolgouse da fachada e, por iso, procedeuse a balizar a zona mentres non se presentaran os operarios da compañía eléctrica.

Pulsa para ver más contenido para ti