O encontro Fálame sempre puxo en valor en Boiro cinco iniciativas emprendedoras
O grupo Triángulo de Amor Bizarro, a cooperativa Charlatana, o promotor do festival Revenidas, a firma Quinteiro Doce e o escritor Antón Riveiro compartiron as súas experiencias co público
O salón de actos da patronal de Boiro quedou pequeno na celebración do encontro Fálame sempre, no que se presentaron cinco negocios e iniciativas emprendedoras e creativas. Isa, Rodrigo e Rafa, do grupo musical Triángulo de Amor Bizarro, explicaron que levan 20 anos tocando en salas e festivais de moitos países e que “o activo entorno cultural boirense favorece a creatividade do grupo”.
Eva Triñanes falou da cooperativa Charlatana, “un espazo de creación, produción e distribución propia que integra diversas disciplinas artísticas: circo, música, teatro infantil e contos”.
Alfonso Vilanova, promotor do festival Revenidas, explicou que “naceu dunha festa popular de Vilaxoán na que os veciños compartían e degustaban sardiñas asadas, que alí chámanse revenidas”.
Luis Tembra, CEO de Quinteiro Doce, dixo que esta marca apoiada na cultura do país distribúe produtos artesáns a través do comercio local.
E o escritor Antón Riveiro reivindicou a figura do autónomo e relatou as dificultades para vivir da creación literaria.
Temas
Más en Área
-
Feiradeza promociona o gando selecto en Lalín do 7 ao 9 de xuño cos mellores exemplares bovinos a concurso
-
Clun e Fefriga unen forzas para formar aos gandeiros do futuro que garantan o relevo xeracional en toda Galicia
-
El PSOE de Santa Comba saca adelante unos presupuestos a la baja por 9,9 millones con la oposición del Partido Popular
-
El alcalde de Ames y la edila de Benestar, convocados para presidir sendas mesas electorales en su municipio