O Concello de Ames destina 40.000 euros para axudas á promoción do comercio local
O prazo de solicitude está aberto dende o 19 de abril, e cinco mil euros do total destínanse a equipamento
O Concello de Ames pon en marcha unha liña de axudas para promocionar o comercio local. A contía do orzamento ascende ata os 40.000 euros, destinándose 35.000 euros a promoción comercial e 5.000 euros a infraestruturas e equipamento. O prazo para solicitalas comezou o pasado dezanove de abril e manterase aberto durante un mes. As solicitudes poden presentarse a través deInternet.
Con esta iniciativa o goberno municipal pretende aumentar ao máximo o número de clientes dos negocios da localidade. Para isto preténdese empregar aos colectivos para conseguir mellorar a calidade da actividade comercial que ten Ames. Ademais, coas axudas aspírase a fomentar unha actividade estable de promoción e mellora do comercio.
As liñas de actuación que se pretenden levar a cabo son, por unha banda, dar prioridade a actividades abertas á participación do comercio de forma xeral e, por outra, conseguir o autofinanciamento das propias entidades, outorgándolle prioridade a aquelas que aporten unha maior porcentaxe de fondos propios ao desenvolvemento das actividades.
Bertamiráns se pone en forma con la creación de un nuevo circuito de calistenia
“Esta liña de axudas pretende dinamizar o noso comercio local a través dunha subvención directa aos colectivos do concello, para que poidan seguir impulsando a actividade económica de Ames, reforzando o tecido empresarial e creando oportunidades de emprego”, explicou ao respecto Ana Belén Paz, concelleira de Promoción Económica, en referencia á inicitiva levada a cabo polo seu departamento.
Os elementos que son susceptibles de axudas son a promoción das ventas, a publicidade, o desenvolvemento de exposicións, a animación comercial ou actividades que procuren o impulso de productos comercializados por empresas amesás. O apoio para infraestruturas e equipamentos diríxese a realizar melloras nas instalacións dos comercios, mercar material mobiliario e contar cun software propio ou unha páxina web, entre outros fins.
Temas
Más en Área
-
Estabilizada la incidencia de la gastroenteritis en los colegios de Ames al sumar apenas seis casos en las últimas horas
-
“Chamarei ás portas que faga falta para sacar adiante o que os veciños precisan”
-
Dodro presenta a obra que gañou o premio Baleirón e Boqueixón e A Baña entregan os seus galardóns das Letras
-
Detectan decenas de casos de gastroenteritis en el colegio de Ventín Ames e investigan la comida del comedor