Outes aprobará este xoves os orzamentos, de 6,1 millóns, cun 10% para investimentos
O goberno local de Outes presentará este xoves no pleno o proxecto dos orzamentos de 2024, que ascenden a 6,1 millóns de euros (un 0,6% máis que os de 2023).
Os gastos de persoal sipoñen 2,8 millóns (17,5% máis, polas actualizacións salariais e a posta en marcha de servizos novos, como a Escola Infantil Municipal) e o gasto corrente é de 2,4 millóns (un 7,3% máis), co que se pretende financiar os servizos ordinarios do Concello.
Destaca neste apartado un incremento relevante nas áreas de Servizos Sociais, á que se destinan 700.000 €, e Deportes, Cultura e Educación, con 512.000 €.
A investimentos destinaranse 622.841 € (un 10% do total) “para realizar actuacións de mantemento de infraestruturas e viario público, particularmente en zonas rurais”, dixo o alcalde, Manuel González. “En calquera caso prevemos que os investimentos que se executaran este ano superen os 1,5 millóns, unha vez que se incorporen aos orzamentos os fondos do Plan Único da Deputación e doutras administracións”, engadiu.
Temas
Más en Área
-
Mueren los conductores de dos vehículos tras colisionar en la carretera nacional N-550 a la altura de Ordes
-
Estabilizada la incidencia de la gastroenteritis en los colegios de Ames al sumar apenas seis casos en las últimas horas
-
“Chamarei ás portas que faga falta para sacar adiante o que os veciños precisan”
-
Dodro presenta a obra que gañou o premio Baleirón e Boqueixón e A Baña entregan os seus galardóns das Letras