Os vimianceses aprenderon canto deben comer e con que frecuencia
A iniciativa foi promovida polo Concello de Vimianzo e o Centro de Saúde local
A nutricionista Rocío Sánchez percorreu as catorce parroquias do municipio
Ata 150 veciños e veciñas de Vimianzo aprenderon as claves da nutrición e alimentación saudable a través dos obradoiros organizados polo Concello de Vimianzo e o centro de saúde local. A nutricionista Rocío Sánchez percorreu as 14 parroquias para resolver cuestións como que debe levar un prato saudable, a frecuencia coa que cada persoa debe comer en función das súas necesidades e outras cuestións.
“A xente participou moi activamente, preguntando cuestións sobre, por exemplo, se poden ou non comer froita se son diabéticos; se poden beber ou non un vaso de viño pola noite; ou se é bo cear un prato de pasta”, afirma a experta.
Subliña que, grazas a esta actividade, “logramos que algunha das persoas que veu a esta iniciativa despois se pasara pola consulta médica para seguir afondando en cuestións de nutrición”. Destaca ademais a gran acollida desta iniciativa, non só polas boas cifras de asistencia, tamén porque “foron moitos e moitas os que me preguntaron cando se ía volver facer este tipo de faladoiros”.
Temas
Más en Área
-
De Madrid a la provincia de A Coruña para perpetrar robos con fuerza en viviendas de Melide y Carballo
-
Interceptan en Rois un camionero que carecía de permiso de conducir y dio positivo por cocaína
-
"Vívese mellor no Milladoiro ou en Bertamiráns que en Santiago"
-
Teo distingue os seus novos fillos adoptivos que "dan a coñecer o Concello ao resto do mundo"