PATRIMONIO

Vimianzo restaura o cruceiro de termo do Careixo e volve a ubicalo no seu lugar orixinal

Cruceiro de termo do Careixo, xa restaurado e ubicado no seu lugar de orixe

Cruceiro de termo do Careixo, xa restaurado e ubicado no seu lugar de orixe / Concello de Vimianzo

J. M. Ramos

O Concello de Vimianzo vén de rematar os traballos de reparación da cruz de termo no Careixo, na parroquia de Salto, que foi tamén reubicado no lugar orixinal despois dun intenso traballo de limpeza, restauración e unión das diferentes pezas. Nun dos brazos realizouse unha complexa reestruturación que permitiu devolver esta peza ao seu estado orixinal. Antigamente estas cruces colocábanse nos camiños que anunciaban a entrada a outro lugar.

Ademais, o mércores retirouse o cruceiro de Reparada, tamén na parroquia de Salto, xa que na actualidade, tal e como sinala o encargado dos traballos, Benito Vilas, “mantense en pé de puro milagre”. Isto é debido a que a súa localización, nunha contorna moi concorrida, provocou que se despegase e quedara apoiado unicamente sobre un lado da súa base.

A alcaldesa, Mónica Rodríguez, xunto co concelleiro de Obras, Miguel Ángel Pérez, o arqueólogo Tito Concheiro e o propio Benito Vilas, logo de supervisar o seu estado, decidieron retiralo co obxectivo de garantir a súa integridade e evitar o risco de que caia.