Vimianzo xuntou máis de mil cen persoas no Xantar dos Maiores
Foron homenaxeados os de máis idade e todos os participantes foron agasallados cunha imaxe súa enmarcada
Ao acto sumáronse a subdelegada do Goberno e o xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade
Máis de 1.100 persoas reuníronse este sábado no Xantar de Maiores de Vimianzo, unha iniciativa organizada polo Concello para fomentar a cohesión social entre as persoas de máis idade. A celebración comezou cunha misa cantada, que foi seguida por unha actuación da coral municipal como antesala ao inicio do xantar.
A xornada contou cunha emotiva homenaxe ao señor e á señora máis maiores do municipio, que recibiron un pequeno agasallo. Ademais, todos os asistentes recibiron unha imaxe súa enmarcada, "para gardar para sempre un emotivo recordo desta celebración", subliñan dende o Concello. O Trío Karma foi o encargado de poñer a banda sonora a unha tarde na que non faltou o baile.
A alcaldesa, Mónica Rodríguez, agradeceu a todas as persoas “por acompañarnos e por ser unha parte activa e fundamental para que Vimianzo continúe funcionando”. También tivo palabras de agradecemento para o departamento de Servizos Sociais e ás persoas voluntarias polo seu traballo, que é “fundamental e imprescindible para seguir construíndo unha sociedade mellor, na que se garanta o benestar dos nosos maiores”. Pola súa banda, a concelleira de Benestar Social, María José Pose, subliñou que esta xornada "é, sen dúbida, das máis especiais do ano”.
Á cita tamén se sumaron o xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, e a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, quen asegurou que “o noso país ten unha débeda con todas e todos vos, porque a vosa aportación foi fundamental para consolidar a democracia, e para que hoxe teñamos as cotas de benestar que temos”.
Temas
Más en Área
-
O parque empresarial de Vimianzo segue medrando cunha nova nave para Gerca
-
Un aparcamento verde dotado de 395 prazas complementa a rede de servizos da praia de Balarés
-
A chamada solidaria contra o cancro en Cee xuntou a cento cincuenta persoas nun xantar
-
Identificado uno de los tres menores que le dieron una paliza a otro en Ribeira