Menos dunha semana para o peche de inscripción para a carreira Sin-Son 10 K
O prazo de inscricións remata o luns 11 de decembro ás 23.59 h
O vindeiro domingo 17 de decembro, a partir das 11.00 horas, celebrarase a carreira popular Sin-Son 10 K, que estará incluída no calendario oficial de probas da Federación Galega de Atletismo. A carreira contará cunha distancia de 10 kilómetros en ruta entre as localidades de Portosín e Porto do Son.
O prazo de inscricións para esta carreira péchase o vindeiro luns 11 de decembro ás 23.59 horas. O prezo da mesma é de 12 euros e poderá realizarse a traves das páxinas web www.sinson10k.com, www.portodoson.gal e nas redes sociais oficiais da carreira.
Os premios da proba serán iguais tanto para homes como para mulleres, polo que os gañadores recibirán 500 euros e un trofeo, os segundos de 400 e trofeo, os terceiros 300 e trofeo, os cuartos 200 e os quintos de 100. Tamén haberá premio para os mellores sonenses, recibindo os vencedores 100 euros en material deportivo, os segundos de 75 e os terceiros de 50, quenes terán ata o 31 de decembro de 2023 para facer efectiva a recollida.
Temas
Más en Deportes
-
Moncho Fernández se marcha del Obradoiro a coste cero al existir una claúsula en su contrato
-
El Compos sondea el mercado en busca de juventud y conocimiento de la categoría
-
El Alavés oposita a la décima plaza con un gol de Carlos Vicente ante el Getafe
-
Las jugadoras del Barça se tuvieron que poner ellas mismas las medallas de campeonas