Pontón reclama o voto “rebelde e inconformista” para “facer valer Galicia”

Pontón no encontro con persoas xubiladas en Ourense

Pontón no encontro con persoas xubiladas en Ourense / BNG

Redacción

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, pediu onte nun acto na cidade de Ourense concentrar o “voto rebelde, inconformista e de país” no partido que lidera, xa que considera que “é alternativa real” para “frear a un PP de Feijóo cada vez máis ultra en alianza coa extrema dereita antigalega”. Neste sentido, destacou que o Bloque “estalle disputando escanos á dereita en todas as provincias”, de aí ese chamamento.

Nunha reunión con pensionistas ourensanos, na provincia coas prestacións por xubilación máis baixas do Estado, Pontón subliñou que o seu obxectivo é “mellorar a vida das persoas e garantir que despois de moitos anos de traballo teñan unha vida tranquila”. “imos estar sempre en contra de recortar as pensións ou de subir a idade de xubilación”, garantiu, logo de apuntar que na comunidade a prestación media sitúase 250 euros por debaixo da estatal.