O autor Antonio Fontdevila presenta ‘Bailando con moscas’ no Ateneo

O Ateneo acolle esta tarde, a partir das 19.30 horas, a presentación do libro Bailando con moscas, de Antonio Fontdevila. O autor estará acompañado por Ángel Carracedo, catedrático de Medicina Legal e experto internacional en xenética, e Xerardo Estévez, exalcalde de Santiago. O libro recolle as vivencias científicas do autor, a súa aproximación á xenética evolutiva e os aspectos ecosociais cos que se atopou nas súas expedicións, compartindo tamén as súas ideas sobre como se fai ciencia en contornos socioculturais diversos. 

Visitas guiadas á mostra ‘Paseos de vagar’, de Lola Sanz

A exposición Paseos de vagar, de Lola Sanz, visible na Sala de Ámbito Cultural de El Corte Inglés, poderá coñecerse esta tarde a través de visitas guiadas por parte da autora, entre as 18 e as 20 horas. A mostra busca crear un punto de encontro e reciprocidade co espectador para construír un relato no que o mar, a natureza, o vello e o cotiá, son os temas por desenvolver. Pode visitarse ata o 30 de abril, de 20 a 22 horas. 

Intercambio de libros na Fundación Eugenio Granell

Biblioteca da Fundación Eugenio Granell ECG

Hoxe e mañá, na semana do Día do Libro, a biblioteca da Fundación Eugenio Granell organiza a actividade “Libro por libro”, que consiste en que todos aqueles particulares e institucións que o desexen poderán intercambiar os seus libros por calquera dos que se atopan nos stocks de libros repetidos desta biblioteca.

Trátase de libros repetidos (novos e usados) dos eidos da arte, cultura, ciencias sociais, entre outros, así coma libros que edita a propia Fundación, que serán postos a disposición do público en xeral co fin de intercambialos por outros títulos das seguintes áreas temáticas: surrealismo, vangardas, e arte étnico

As persoas interesadas en realizar o intercambio poderán facelo nos seguintes horarios: de 11.00 a 14.00 horas e de 16.30 a 19.00h.

Juan Casares Long expón sobre o seu tataravó

Juan Casares Long cedida

O protagonista da cuarta mesa de dabate do ciclo “Compostela 2023-2027. Presente y futuro”, organizado pola Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago, é o exreitor da Universidade de Santiago e catedrático de Enxeñaría Química da USC Juan Casares Long. Na sede da RSEAPS, a partir das 19.30 horas, disertará sobre a figura do recoñecido químico galego Antonio Casares, o seu tataravó, que entre outros cargos foi reitor da USC e presidente da RSEAPS.