Ela é actriz (O sabor das margaridas, Motel Valquirias, entre outras) e el cantante da Orquestra Cinema, pero os dous son moito máis. María xa tiña experiencia como presentadora e César como director musical de programas. Neste dan un paso de xigante: cantan, bailan, xogan e, eles tamén, divírtense con concursantes, convidados e público.