{ tribuna }

Un mundo mellor

Xavier Varela

Xavier Varela

Para Chomsky o modelo educatIvo está ideado para inducir obediencia as autoridades e na crenza dos intereses do poder. Hai que mudalo nunha auténtica educación científica, antiautoritaria, so pendente de cuestionar e opoñerse ó poder creando boas ideas que son o obxetivo da curiosidade e do pensamento crítico. O novo sistema educativo debería fomentar habilidades, creatividade, capacidade analítica, xestión da diversidade, liderado de equipos… O sentido ético da Educación esixe unha verdadeira aprendizaxe, obrigando aos alumnos a descubrir por si mesmos a verdade.

Cando Orwell afirma “Chegará o momento no que a xente non se rebele. Non levantarán os ollos das pantallas para darse conta do que acontece” está reflexando a sentencia de Goethe: “Ninguén está mais escravizado que o que falsamente cré ser libre. “A liberdade debe servir á vida, non o revés, como fan os que entregan a súa liberdade ao mercado. Temos que ser donos da propia vida e non manipulados por pantallas ou consumo que nos apartan da auténtica realidade que consiste na protección da natureza, necesidade da xustiza social (3.000 millóns de persoas que viven na pobreza, guerras…), no cumprimento dos dereitos humanos. Debemos interesarnos polas víctimas que carecen dunha vida decente. Esta sociedade consumista fia a felicidade nas mecadorias, na riqueza. Temos que salvar o planeta impedindo o camiño do holocausto da civilización. Estamos perdidos se non revertimos o cambio climático que só se fai, manifestándose, obrigando aos gobernos a facelo. Miles de mozos demandaban en Glasgow a salvación do planeta. Greta Thumbergen dille na cara aos ricos en Davos que están traizoando á xente nova. Non podemos deixar sós os mozos que superen os crímenes que nos lles deixamos. Esixennos fuxir desta carreira suicida. Mais nada vai cambiar si a xente non loita.

A Historia, di Múgica, amosa que tódolos logros de dereitos debense á xente que entregou a súa vida, na súa conquista. Non hai outro camiño que encher as rúas e loitar por un mundo mellor. Non ten sentido a eterna sumisión. Hai que loitar tódolos días. O verdadeiro triunfo e volverse levantar despois da caída e volver empezar. Temos que ter a capacidade de gañarlle á desesperanza, non que ela nos venza. Mandela decía “Sempre parece imposible ata que se fai”. Debemos comprometernos na transformación da sociedade na que vivimos.

Esta sociedade é a da Economia dixital e da intelixencia artificial (IA) que modifica a economía e a nosa cosmovisión. Morozov avísanos: “Non existe un problema dixital nin tecnolóxico senón político-económico”.

¿Quen controla os datos? Temos que pedir compensacións aos que se enriquecen con eles. A Biotecnoloxía e a IA son proxectos estrela das grandes corporacións que desprazan ás Universidades. As redes sociais forman mentes infantis narcisistas sometidas o fetiche da popularidade, creando unha cultura de distracción e deriva sinistra de desexos.

Hilton (Ingeniero de Google) afirmaba: “Se a máquina é intelixente darase conta de que consigue mellor os seus obxectivos volvéndose máis poderosa. Este poder en poucos anos podería provocar o fin da civilización”.

A IA é un híbrido natureza-cultura que pode acabar coas dúas. Os amos das tecnolóxicas son feudales latifundistas dixitais, en palabras de Chung Han, que nos dan de comer porque a celeridade, comodidade e inmediatez convertennos en aduladores acríticos das súas ferramentas. Temos que domar, civilizar, humanizar o capitalismo, como o demostra a economía social de mercado. A actividade política pode humanizar o mundo asentando a economía na cooperación, igualdade e liberdade individual.

O Premio Princesa de Asturias de Humanidades Nuccio Ordine fala do paradoxo: a sociedade virtual crea novas formas de soidade; estando máis conectados que nunca estamos sós porque a relación virtual é unha relación baldeira.

É imprescindible unha educación onde prime a paixón polo coñecemento, sacando o mellor de cada quen. Rilke ilustranos: “Só a dificultade permíteche facer o esforzo que te fai mellor”.

Faisenos imprescindible a procura da dignidade humana que considera a cada un pola súa valía persoal. Só a Educación democrática pode resolver as ideas-opinións respetando as diferentes e contrarias a través do diálogo. Temos pola contra un novo poder creado pola IA para dirixir á democracia consistente en poñela en mans de tecnócratas-burócratas que nos controlan, utilizan e manipulan. Ordine dinos que a liberdade de pensamento e crítica dalle medo ós bancos, especuladores multinacionais e tiranías. O coñecemento ten unha función ética. No Informe Pisa facíanse dúas preguntas a nenos de 7-9 anos: ¿Terei sempre cartos para vivir? ¿Poderei sempre mercar as cousas que quero? Ordine contesta a estas noxentas preguntas: “Esperaba unha revolta por este crime pedagóxico e que aconteceu? Nada”. A xente xa está acostumada á mercantilización da Educación.

A Tecnoloxía ursupa a nosa liberdade a cambio das súas comodidades. O poder tecnolóxico está en mans dunha pequena oligarquía que manexan ao seu antoxo o destino da civilización.

Hai que deter esta tolemia neoliberal que nos degrada como seres humanos. Debemos facer un mundo diferente, mellor, onde exista realmente igualdade de oportunidades para desenvolver as propias capacidades.

Domingo de Soto (Escola Salmantina) proclamou : “Os Dereitos Humanos básicos nin Deus pode socavalos e menos destruilos. Os dereitos esíxense”.

Para Bertrand Russell é necesario cambiar a competitividade pola cooperación como Ideal Educativo e sólido avance moral e isto só será posible a partir dun cambio radical do sistema económico. Deixounos como testamento tres grandes paixóns: Ansia de amor, Desexo de saber e Compaixón humana. Xa existen os medios para ser felices, só é necesario que a humanidade decida empregalos.