Aprobado o proxecto de adaptación ambiental da hidroléctrica no Furelos

Redacción

O Diario Oficial de Galicia publicou onte a aprobación do proxecto de adaptación medioambiental da central hidroeléctrica de Portodiz, no río Furelos, nos concellos de Santiso e de Melide. Trátase do acordo da Xunta polo que se aprobou o proxecto sectorial para a ampliación da central hidroeléctrica, co proxecto construtivo correspondente á modificación concesional do aproveitamento hidroeléctrico en explotación do salto de Portodiz, do que na actualidade é titular a sociedade Lumymey S.L. O proxecto recolle a adecuación das instalacións do salto existente no río Furelos co fin de permitir o remonte dos peixes para favorecer a súa reprodución, ao tempo que se poida realizar a explotación do aproveitamento hidroeléctrico segundo a modificación da concesión. Prevese a execución dunha represa que permite con dúas escalas máis pequenas salvar o obstáculo do salto, favorecendo o remonte dos peixes. Coa publicación no DOG poderán comezarse as obras de ampliación, tendo en conta os condicionantes vinculados.