A Pobra activa un obradoiro de conciliación para o Entroido con servizos Madruga e de comedor
A concellaría da Igualdade da Pobra do Caramiñal activa un obradoiro de conciliación de Entroido para os días 12, 13 e 14, no CEP Salustiano Rey Eiras, dende as 09.00 ata as 14.00 horas. O prezo é de 9 euros, cun desconto do 50% á segunda irmá ou irmán e de balde para o terceiro. As familias poderán optar tamén aos servizos Madruga e de comedor. A inscrición pódese formalizar ata o día 8 de febreiro.
A concelleira Estefanía Ramos, que estivo acompañada pola axente da Igualdade, Carolina Rodríguez, asegura que se lles dá así “continuidade ás distintas accións en materia de conciliación dirixidas a crianzas da Infantil e de Primaria”.
Aproveitou a ocasióntamén para convidar á reflexión sobre o repartimento dos tempos e das tarefas “que afecta de forma moi diferente a mulleres e homes e crea situacións de desigualdade. Temos que superar a idea de que a conciliación é unha cuestión das mulleres, e apostar pola corresponsabilidade como unha forma de mellorar o benestar das familias e da sociedade en xeral.”
Temas
Más en Redactor
-
“Xéneros e números” de Álvaro de la Vega
-
Moonoff, la firma que nació en un garaje de Santiago y ahora ilumina tres continentes
-
La turbidez y la calidad del agua enfrentan a la Marea y al gobierno municipal noiés
-
O ensaísta pobrense Ciro Briones une filosofía e educación na súa obra ‘Da caverna a acrópole’