“Xéneros e números” de Álvaro de la Vega

Vista da exposición / |  FOTOS: MIGUEL R. TABOADA

Vista da exposición / | FOTOS: MIGUEL R. TABOADA / Miguel R. Taboada

Miguel R. Taboada

1

1 / Miguel R. Taboada

A exposición Xéneros e números, de Álvaro de la Vega, poderá  visitarse  ata o 25 de maio no Salón Artesonado do Colexio de Fonseca en Santiago de Compostela. Esta mostra está organizada pola Área de Cultura da USC e coordinada por Cristina Carballedo.

2

2 / Miguel R. Taboada

Xéneros e números.

3

3 / Miguel R. Taboada

A mostra, segundo indica o autor, é un espazo de encontro para tres obras.

Os dous conxuntos grupais están integrados por trinta e oito elementos que nos suxiren a densidade como idea vertebral da mostra. Poden observarse agrupamentos abigarrados de mulleres e homes que nos observan, que se fan observar ou que se desprazan emerxentes e decididos, sen mirar atrás.

O exercicio visual poténciase a xeito de contrapunto na terceira obra, solitaria e espida no medio das multitudes.

Esta disposición xera a atmosfera propicia para conducir a mirada sobre un itinerario de máxima aproximación a todo o que pode conmover e dar sentido á inevitable reunión de autor, obra, espectador.

Todo o que se achegue ata a exposición poderá ver, por un lado, a peza solitaria (1), que está labrada en madeira de plátano e data de 2009. O seu título é Mañana (Después de Philipp Otto Runge).

Outra das pezas é Trece mujeres (2) do ano 2008. Presenta un conxunto escultórico, realizado en madeira de olmo, pertencentes á serie Ingrávidos.

A última é Ballet (3), obra do ano 2023, constituida por unha moi heteroxénea e numerosa agrupación de personaxes –son vinte e seis–, concibidos en  diferentes madeiras  (eucalipto, castaño, cedro).

O autor

Álvaro de la Vega (Paradela, Lugo) cursa estudos de Belas Artes en Barcelona. Iniciou os seus proxectos escultóricos a partir dos anos 90 tomando como punto de partida a figura humana e animal. Traballou con distintos materiais como madeira, ferro, cerámica ou pedra.

Álvaro é un referente da arte contemporánea, autor entre outros monumentos públicos de: Caballo III nos  exteriores do Museo Comarcal, en Fonsagrada, Lugo; Tensión III   en Corcubión, Heraldos del encuentro en Viveiro, ou Homenaxe a Federico Garcia Lorca na  Alameda de Santiago de Compostela. Traballa principalmente escultura en madeira, cunha linguaxe xestual que xira entorno a natureza e o territorio. A súa obra, centrada na figura humana, traspasa fronteiras, con exposicións en importantes galerías e institucions tanto a nivel nacional e internacional, principalmente en Francia, Portugal e Latinoamérica.