Entrevista | Borja Verea Presidente PP de Santiago

“O obxectivo o 28-M é lograr a maioría absoluta e formar un goberno estable”

Cando restan pouco máis de tres meses para as eleccións municipais, Borja Verea, moi crítico co actual goberno local, di que Santiago necesita novas enerxías para mirar ao futuro e confía en lograr o apoio necesario para convertirse en alcalde tralos comicios de maio

El presidente del PP de Santiago, Borja Verea, visita El Correo Gallego

Javier Rosende Novo

Borja Verea, presidente do PP de Santiago e candidato popular na capital galega nas vindeiras eleccións municipais do mes de maio, agardará ao mes de abril para comunicar os nomes que o acompañarán na lista para o 28-M, un equipo que diseñará, sinala, baixo un claro denominador común: “A paixón por Compostela”. Cando resta pouco máis de tres meses para a cita electoral, di que “o obxectivo é lograr a maioría absoluta é formar un goberno estable”, e para iso aposta por “estar en continuo contacto cos veciños” de Santiago. Moi crítico co actual goberno local, entende que Bugallo “debería pedir perdón polo cambio de ruta na regulación dos pisos turísticos” e engade que o caso Desproi coloca ao alcalde da capital galega nunha posición moi delicada: “Mentiu neste tema, e polo tanto deixa se ser unha persoa de fiar”.

A modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) para establecer a nova regulación das viviendas de uso turístico (VUT) en Santiago será un dos temas centrais do pleno extraordinario que se celebrará este xoves en Raxoi. Como valora a xestión do goberno local neste asunto?

O alcalde ten que pedir perdón e pedir desculpas, non só aos máis de 700 propietarios de pisos de uso turístico na cidade, senón a todos os propietarios de vivenda en xeral, porque están xogando co patrimonio de moita xente. Tennos a todos estupefactos despois de cambiar en apenas unhas horas a súa líña no tema da regulación dos pisos turísticos: din o contrario do que estiveron defendendo ata o de agora. Nós consideramos que os pisos turísticos non son o principal problema de vivenda na cidade. Neste senso, apostamos por facer un estudo en profundidade en función das zonas saturadas, pero entendemos que en Santiago non hai ningún espazo que sufra esta situación. O certo é que Bugallo e o seu goberno están a crear un caos moi serio nun tema clave para o futuro da cidade. Hai que ter en conta que os pisos turísticos aportan riqueza para a cidade, e poderían ser un modo de impulsar determinadas zonas de Compostela. A nosa idea é facer un estudo por áreas e poñelo enriba da mesa.

Outro asunto que está a marcar a actualidade municipal é o caso Pichel.

É un caso moi grave, é un caso escandaloso. A pregunta que hai que facerse é por que un concelleiro do Partido Socialista ten unha empresa a medias cun sindicato. E, ademais, o Concello de Santiago adxudica a dedo un contrato público a esta empresa para o alugueiro dunhas naves. Ante este escenario, o concelleiro ten que dimitir de xeito inmediato, co engadido ademais de que logo coñecese que esta empresa ten unha débeda co Concello de Santiago. En definitiva, son situacións moi extrañas, como que a empresa carecía de licenza ou que unha concelleira firmara unha condonación. Nós cando teñamos toda a documentación remitiremola a Fiscalía para que se leve a cabo unha investigación seria.

As últimas enquisas sitúan ao PP como a forza máis votada nas vindeiras eleccións municipais. Que significa para vostede este dato?

Quedan 100 días para as eleccións. Temos un alcalde que mentiu e, por tanto, un acalde que minte deixa de ser unha persoa de fiar. O certo é que a tendencia é moi positiva. Cando asumín liderar o partido na cidade as enquisas dábannos sete concelleiros e agora estamos en dez concelleiros. Somos a primeira opción e queremos formar un goberno estable. E para iso traballamos, apostando por un contacto continuo cos veciños da cidade e diseñado propostas concretas para mellorar a cidade. Santiago necesita novas enerxías e mirar xa ao futuro. Queremos construír unha Compostela máis amable, máis humana e máis familiar. A idea é sustituir ou eliminar moitas das prohibicións que hai na cidade por máis liberdade, e permitir, por exemplo, no casco histórico que se poidan construír vivendas e apartamentos máis pequenos, e ascensores, que é o que reclama a xente para poder volver á zona vella. Mellorar todo o relacionado coa accesibilidade na zona.

Nos últimos días xa anunciaron a aposta pola peonalización do Campus Sur.

A eliminación de vehículos do Campus Sur é unha prioridade para nós, e para iso queremos construir un aparcamento subterráneo de 500 prazas, que suporía tamén a mellora da mobilidade na cidade.

A construcción do aparcamento do Hospital Clínico está a desatar un enfrentamento entre Concello e Xunta. Qué faría vostede?

Se eu son alcalde o primeiro que faría sería a xestión do tráfico dentro do recinto hospitalario. Ademais, habería que negociar as tarifas do parking subterráneo e buscar de xeito temporal solucións de alivio en fincas públicas e privadas no entorno do Hospital Clínico. Dito isto, estamos todos de acordo de que é necesario un novo aparcadoiro, e para é necesario chegar a un acordo entre as distintas administracions. Nós entendemos que o primeiro que habería que facer é un estudo de mobilidade. O alcalde ten que liderar unha proposta e conseguir chegar a un acordo para mellorar as vidas das persoas. E a Xunta ten que poñer financiamento para desbloquear a situación e aportar como fixo noutras cidades.

Unha lista electoral con “gran paixón por Compostela”

Borja Verea non comunicará os nomes que formarán a lista do PP en Santiago paras as eleccións municipais do vindeiro 28 de maio. Di que vai agotar os prazos legais, polo que será a finais de abril cando dará a coñecer os nomes do equipo que o acompañarán na lista. Eso si, di que as persoas que viaxen con el nestes comicios deberán cumprir tres características. “Para comezar queremos formar un equipo moi renovado e con ampla presenza feminina. Ademais, apostaremos por personas con competencias profesionais, porque entendemos que gobernar é xestionar. E o tercer requisito, é moi importante, que todas as persoas da lista do Partido Popular teñan gran paixón por Compostela, paixón por Santiago, posto que este traballo implica un compromiso de catro anos, cunha dedidacion de 24 horas os sete días da semana”, sinalou Verea. E preguntado, ademais, si estaría disposto a pactar con Vox no caso de que fose necesario para formar goberno, di que “todas as enquisas con lle dan representación en ningún concello de Santiago, e que polo tanto con contempla esa hipótese”. “Nós estamos enfocados en traballar para conseguir a maioría absoluta”, destaca.