Oroso West e As 150 do Cornes-Carril, os gañadores principais

Tamén brilaron O xardín Das Bolboretas, Encontros No Eespazo e... Fantasía De Damas e Guerreiros

As 150 do Cornes-Carril

As 150 do Cornes-Carril / Antonio Hernández

Redacción

Nos premios ás mellores carrozas da festa do Entroido de Santiago deste ano foron Oroso West (con 3.000 euros), O xardín das bolboretas (2.000) e Encontros no espazo (1.000).

No premio as mellores comparsas: As 150 do Cornes - Carril (2.400 euros), O xardín das bolboretas (2.000) e O bosque máxico da inma (1.000).

No premio á mellor comparsa das parroquias ou barrios de Santiago: Fantasía de damas e guerreiros (1.200), A ruliña de laraño está no universo (600) e A corte dos borbóns (400).

No de mellor parella desta edición: Deuses do xeo (400).

E nos disfraces individuais: Soñando coa batuta (300), O dedo (200) e Funko peliqueiro (100).

E no apartado para os mellores grupos do Entroido, a cousa foi: Batman e Robin, cabaleiros de Gotham (800) O camiño é un paseo pola costa (400) e o terceiro quedou deserto (200)

Todo iso despois da reunión feita onte no Hotel Compostela, onde reúnense os membros do xurado do concurso do desfile de Entroido, actuando como presidente Gumersindo Guinarte Cabada, concelleiro delegado de Festas por delegación do Alcalde de Santiago; e como vocais: Xoana Pintos Barral, Antía Vilas Olveira, Xesús Amado Reino, Esperanza Delgado Rosende e máis Luís Pedro Martínez Ruiz. Estivo como secretario do xurado Alberto Dacunha Pazos, técnico da concellaría de turismo

A avaliación realizada polo xurado para rematar ese resultado na clasificación dos participantes das distintas categorías por orde de maior a menor puntuación, parte dun Entroido que deixa atrás a ausencia dos tempos da pandemia nun 2023 onde so a choiva estivo quieta no desfile.