O PP pedirá explicacións no pleno sobre o inicio da EDAR
Solicitará tamén ao grupo de goberno que impulse a obra do novo colector xeral do río Sarela
O PP de Santiago, a través do seu voceiro, José Antonio Constenla, esixiralle ao goberno local no vindeiro pleno que inste ao Executivo estatal a axilizar a licitación e execución das obras do colector xeral do río Sarela e a acelerar os trámites pendentes para iniciar a construción da nova depuradora de augas residuais (EDAR). “A pesar de que o alcalde socialista anótase o tanto de que hai grandes avances neste asunto, como sempre, o único que temos ata o de agora é fume e seguimos sen EDAR”, dixo.
Para o popular cómpre avanzar na culminación do saneamento integral da cidade con este colector xeral que virá a completar a condución da totalidade dos vertidos de augas á nova estación depuradora. “Unha instalación esta da EDAR na que, a pesar de ter adxudicado o contrato para proxecto e obra desde xuño de 2021, cun prazo de execución de 45,5 meses, aínda no comezaron as obras, tendo superado amplamente os fitos comprometidos no contrato en relación coa redacción, supervisión e aprobación do proxecto”, subliñou, ao tempo que recordou que, segundo o cronograma contractual, a depuradora debería iniciar a súa execución antes de rematar o primeiro trimestre de 2022.
Temas
Más en Santiago
-
O PP de Santiago pídelle ao BNG que “poña remedio” á inseguridade da praza da Mercé
-
Un hotel de polinizadoras para loitar pola recuperación da biodivesidade
-
Mestrelab estrena a finales de septiembre su centro de investigación de Santiago
-
“Estoy haciendo otro libro con mi padre (Manquiña), uno basado en sueños”