A reurbanización do Restollal culminará o proceso de humanización de Pontepedriña

Imaxe virtual da proposta de reurbanización do Restollal / Concello
EP
Será no próximo mes de marzo cando saia a resolución dos fondos europeos aos que opta o proxecto de reurbanización do Restollal a través do Ministerio de Transportes. Son 4,59 millóns de euros os que se solicitaron para unha intervención coa que se busca converter O Restollal nunha gran avenida urbana "eliminando o paso superior sobre a rotonda, facilitando o xiro ás urbanizacións e reducindo o número de carrís, incorporando un carril bici e recuperando espazo verde".
Xa nas beirarrúas do Restollal, recorda o alcalde, tense intervido trala apertura da nova rúa Clara Campoamor, posto que se fixo necesario dar continuidade á beirarrúa "conseguindo unha mellor conexión peonil": "de feito, a propia rúa de Clara Campoamor e, máis aínda, a construción da Intermodal, permitiu mellorar a conexión do barrio co Ensanche" destacou o alcalde.
Precisamente no barrio de Pontepedriña abrirase ao público o renovado parque Pérez Lugín, un "espazo máis amplo, inclusivo e adaptado a todo tipo de usuarios cunha superficie que é transitable e adaptada a persoas con mobilidade reducida" segundo avanzou a concelleira de Parques e Xardíns, Mila Castro. Logo dunha inversión de preto de 60 mil euros conta con xogos o parque poderá ser utilizado por menores con limitacións físicas e estimulantes a nivel cognitivo e funcional.

O Parque de Pérez Lugín xa prácticamente rematado / Concello
"Tamén o propio campo da festa de Castiñeiriño que inauguramos o pasado ano é outro exemplo de recuperación de espazos antes degradados" quixo recalcar o alcalde. E é que, o novo campo, logo dunha inversión de algo máis de 400.000 euros, conta cuns 5.000 metros cadrados de espazo de uso polivalente que responde tanto as demandas como as necesidades do barrio xeradas polo seu crecemento residencial.
Accesibilidade e ampliación de servizos
Na contorna dos centros CIFP Compostela e o Lamas de Abade reformulouse o plano de mobilidade da zona creando unha rotonda e completando a conexión dos tramos peonís existentes para definir itinerarios claramente diferenciados para peóns e vehículos nunha zona de intenso tráfico. Cun importe que supera os 125 mil euros, esta actuación perseguía a mellora da accesibilidade da zona, "así como mellorar a seguridade do peatón nunha zona moi transitada polos estudantes".
"Tamén pensando na xente moza, e respondendo ás solicitudes dos veciños, arranxáronse as pistas deportivas sitas na rúa de Samos", executando un revestimento deportivo e remarcando as liñas dos campos.
"Tamén na liña dos servizos realizarase unha mellora do saneamento na rúa Manuel Vázquez Cacharrón e a Rúa Portomarín e, por suposto, temos que falar da nova residencia de maiores que se está a rematar no Castiñeiriño" da Fundación Amancio Ortega e que ofrecerá 120 prazas de residentes.
- Así será el nuevo barrio del norte de Santiago: 6.000 vecinos y bloques de hasta 13 plantas
- El electricista que ilumina Santiago: «Calquera rúa do casco vello con luces de Nadal é máis bonita que unha de Vigo»
- Accidente en Santiago: los bomberos trabajan para liberar a posibles víctimas atrapadas en un coche volcado
- ¿Cuánto costarán los pisos protegidos del nuevo barrio del norte de Santiago?
- Luto en Santiago por la muerte de Teté Otero Davila, referente del patinaje artístico en la ciudad
- Así afectará al transporte urbano de Santiago la huelga de autobuses convocada para este viernes
- El pueblo gallego que se transforma y brilla con luz propia en Navidad: a poco más de una hora de Santiago
- Sanmartín, sobre el cierre del túnel del Hórreo: 'É lamentable utilizar como medida de presión unha molestia á veciñanza