Muller española de entre 25 e 64 anos é o perfil do usuario do Camiño Inglés, segundo un estudo
A UDC e a Asociación de Concellos do mesmo destacan a procedencia dende Reino Unido
A Asociación de Concellos do Camiño Inglés e a Universidade da Coruña (UDC) presentaron onte o ‘Estudo Demoscópico sobre a demanda turística no Camiño Inglés’ do ano 2022. Entre as conclusións apórtase que no Camiño Inglés hai unha maior presenza de mulleres (52,93 %) que de homes, e un 11 % das mulleres que percorren a ruta viaxan soas. A metade dos peregrinos/as teñen entre 45 e 64 anos, aínda que as persoas maiores de 65 anos xa supoñen máis dun 10 por cento do total.
Esta segunda edición do estudo ofrece unha visión máis ampla que a primeira, xa que as 699 enquisas totais realizáronse en catro localizacións diferentes (Sigüeiro, Pontedeume, Betanzos e Sergude) e en tres etapas ao longo do ano 2022 (Semana Santa, xullo e setembro).
En Semana Santa e setembro, máis do 37 % das persoas proceden do estranxeiro, porcentaxe que en xullo baixa ao 22 %. A maior parte proceden de Reino Unido (15,49 %), orixe do Camiño Inglés, Alemania (15,49 %), Italia (14,55 %) e Portugal (11,74 %).
Pola súa banda, a maioría dos peregrinos/as nacionais proceden de Madrid (25 %), Andalucía (18 %), Cataluña (10,5 %), Valencia (10,3 %) e Canarias (6,57 %).
O estudo foi presentado en rolda de prensa no Reitorado da UDC por Manuel Mirás Franqueira, presidente da Asociación de Concellos do Camiño Inglés; Julio Abalde, reitor da UDC, e Antonio Leira, deputado provincial. Os resultados obtidos deste estudo foron presentados por Antonia Pérez-García e María Elvira Lezcano González, parte do equipo investigador encargado do informe, xunto a Iria Caamaño Franco e Carlos Rodríguez Carro, ademais dos seus colaboradores.
Temas
Más en Santiago
-
Trabajadores del aeropuerto de Santiago negociarán el martes con Iberia tras el fin de la huelga
-
La capital gallega concentrará los seminarios: Santiago, Mondoñedo y Tui se unen para crear uno único con sede en Compostela
-
Directo | Queremos Galego marcha en Santiago para reivindicar o uso do idioma
-
A Fundación Araguaney-Puente de Culturas conmemora o vindeiro martes o aniversario da Nakba Palestina