Síguenos en redes sociales:

CA pide darlle uso a 40 postos baleiros na praza de Abastos

CA pide darlle uso a 40 postos baleiros na praza de Abastos

Compostela Aberta propón que o Concello impulse un concurso para ocupar os máis de corenta postos que están baleiros nas naves da Praza de Abastos, dándolle prioridade a proxectos de economía social e que permitan a inserción laboral de persoas desempregadas de longa duración, nomeadamente mulleres, segundo indican nun comunicado. A concelleira Marta Lois explicou que este proceso “debería ir acompañado da posta en marcha dunha liña de axudas específicas, que tería como obxectivo revitalizar o mercado mantendo o seu carácter tradicional e evitando un modelo orientado únicamente ao turismo”.

Marta Lois defenderá no próximo Pleno unha moción “que ten como fin procurar fórmulas para coidar a Praza de Abastos, conservando o seu principal valor: a aposta polos produtos de proximidade e de calidade”. Tamén incidiu en que “aínda que o mercado sexa o segundo lugar máis visitado de Santiago, non podemos caer na súa turistificación, e non podemos permitir unha mudanza dos usos que acabe destruíndo a súa esencia”.

Pulsa para ver más contenido para ti