Santiago Centro sortea vinte bonos de cincuenta euros na súa app para comprar na cidade

Campaña da nova app Santiago Centro Vip

Campaña da nova app Santiago Centro Vip / ECG

Redacción

A asociación de comerciantes do Ensanche, Santiago Centro, acaba de poñer en marcha unha nova campaña con motivo da entrada na primavera na que é protagonista a súa aplicación de fidelización, que recibe o nome de Santiago Centro Vip. O Centro Comercial Aberto sorteará un total de vinte bonos de cincuenta euros en saldo para a aplicación entre as compras que se rexistren na mesma ata o próximo día 29 de abril. A iniciativa conta coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Santiago.