Un libro sobre o 50 aniversario de Fuxan os Ventos preséntase o día 11 na libraría Pedreira

No acto, ás 20.00 horas, Xulio Xiz, David Otero e Raúl Galego estarán co autor, Mero Iglesias

Apertura da mostra sobre Fuxan os Ventos

Apertura da mostra sobre Fuxan os Ventos / Jesús Prieto

Redacción

O vindeiro martes 11 de abril celebrarase a presentación do libro 50 aniversario. Fuxan os ventos. Quixo o paxaro pousar na póla o seu chío, de Mero Iglesias. Será ás 20.00 horas na libraría Pedreira de Santiago de Compostela. Acompañando ao autor, estarán o xornalista Xulio Xiz, David Otero, escritor, e o gaiteiro Raúl Galego.

Previo a este libro, tivo lugar o pasado 14 de abril a estrea da exposición que resume os cincuenta anos de traxectoria do grupo galego de música folk Fuxan os Ventos, na sede de Afundación en Santiago, iniciando así o seu itinerario por Galicia, tras inaugurarse no mes de outubro en O Vello Cárcere de Lugo, case un mes despois da morte duns dos seus integrantes, Moncho Díaz, nacido en Vilanova e veciño de Compostela durante moitos anos.

Articulada por pezas gráficas, instrumentos musicais e reproducións sonoras de temas que xa son himnos populares, a mostra Fuxan os Ventos, 50 anos de historia. 1972-2022 tiña o obxectivo de ilustrar tanto o devir do grupo desde o ano 1972, como apelar ás novas xeracións para transmitirlles a importancia da dignificación dun legado cultural que a piques estivo de ficar nas marxes. A exposición poderá visitarse ata o vindeiro 25 de maio na Sede Afundación en Santiago, en horario de luns a venres, de 12.00 a 14.00 horas e de 16.30 a 20.30 horas.

Ese mismo día tivera lugar un acto oficial de inauguración da mostra na que Fuxan os Ventos interpretaron algúns dos temas da súa extensa discografía como como O lobo, O meu amor mariñeiro ou Cantar de cego, nun evento ao que asistiron preto de seiscentas persoas.