Presentación de ‘A beleza debe morrer’, hoxe en Cronopios
A libraría Cronopios acolle hoxe a presentación de A beleza debe morrer, de Mercedes Corbillón, ás 19.00 horas. Acompañando á autora, estarán a xornalista Susana Pedreira, e Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia. A sinopse da obra recolle a Venecia como espello que reflicte o amor ata que remata escachando en mil anacos, recriminacións e remorsos, Venecia como tránsito cara á incerteza do futuro. É unha muller madura, na compañía da súa nai, percorre as súas pontes e canais para reconstruírse apañando os mil anacos do espello esnaquizado da que foi a súa relación cun home casado. E escríbelle decontino a esa pantasma, irreal e inalcanzable, como a propia cidade esvaecida entre a brétema dos que se amaron nunha paixón abrasadora.
Mercedes Corbillón, unha das fundadoras da libraría Cronopios, mostra, con crueza e clarividencia, as costuras do namoramento, as súa contradicións e a devastación final, os cascallos do desamor sobre os que unha ten que erguer unha nova vida, libre e consciente, da que ser a única soberana.
Temas
Más en Santiago
-
Tristura no mercado de abastos santiagués polo pasamento de Lolo Fernández
-
Dos nuevos cortes de tráfico en Santiago: una de las calles afectadas estará cortada hasta este viernes
-
La Xunta recuerda que no está cerrado el acuerdo para financiar la facultad de Farmacia
-
Las clases de la USC, más vacías tras el Covid