Medicina celebrou unha concurrida festa de graduación

Tras a cea celebrada no pazo de Vista Alegre, os alumnos de sexto secundaron unha vella tradición, a de continuar a celebración nas aulas na mañá seguinte

Preto de 350 alumnos e alumnas da promoción 2017-2023 de estudos en Medicina da Universidade de Santiago celebraron o xoves a súa graduación nun acto no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, ás 11.30 horas, no que tiveron acompañados dous seus familiares. En total eran unhas 1.000 persoas, segundo indicaron a este medio fontes da USC.

A apertura do acto foi presidida por parte do reitor da Universidade de Santiago, Antonio López. A posteriori, tivo lugar o discurso dos padriños de promoción, Tomás García-Caballero e María Luz Couce, quenes recibiron tras a súa intervención uns agasallos. A continuación, celebrouse a entrega de diplomas aos alumnos/a, e ao finalizar Alicia Seoane e Uxía Martínez foron as encargadas de dar o discurso en representación do alumnado. Tamén tivo unha intervención o decano da Facultade de Medicina e Odontoloxía. O acto académico tamén contou coa lectura da Declaración de Xenebra o Gaudeamus igitur e o acto musical.

Entre outros participantes no encontro estiveron Alfonso Varela Román, director Asistencial do CHUS; Álvaro Ruibal Morell, representante da Real Academia de Medicina de Galicia; Mª Rosaura Leis Trabazo, do Colexio Médico A Coruña, e o vicedecana e vicedecano da Facultade, Ángela Torres Iglesias e José Carreira Villamor.

Tras a cea celebrada no pazo de Vista Alegre, ubicado no concello coruñés de Vedra, os alumnos de sexto secundaron unha vella tradición, a de continuar a celebración nas aulas na mañá seguinte, na que non faltaron os cánticos e unha charanga.