encontro

A mocidade, protagonista do cambio en Santiago que quere o BNG

Segunda pola esquerda, Sanmartín. / cedida

Segunda pola esquerda, Sanmartín. / cedida / ECG

ECG

O BNG organizou onte un encontro coa mocidade na Praza Roxa para dar a coñecer as liñas do programa para o 28 de maio, e onde Goretti Sanmartín defende que a xente nova poida participar na toma de decisións. Este evento contou coa actuación musical de Tiam GZ e coas intervencións da debandita candidata á Alcaldía; acompañada por Martinho Cacheda, integrante da candidatura do BNG; e de Iria Carreira, deputada. Entre as medidas que anunciou Sanmartín está a posta en marcha do Consello da Mocidade como canle orgánica de diálogo, participación e incorporación de mozos e mozas ás políticas locais; a creación do Consello das Mulleres novas; e o desenvolvemento de axendas culturais destinadas á participación da mocidade. “Santiago ten que ser quen de facer que a súa mocidade poida traballar no noso concello e formar parte do seu futuro”, afirmou a candidata. “Por iso, vemos con especial preocupación a situación á que a nosa xente nova se ve abocada: un futuro de emigración, desemprego ou precariedade laboral que deben superarse”, engadiu. Para o BNG, “a mocidade xógase moito nestas eleccións municipais, porque Santiago leva expulsando a xente nova, primeiro á emigración e logo, cando regresa, aos concellos limítrofes na procura de vivenda a prezos asequíbeis”.