Entrevista | Joaquín García Secretario comarcal de CCOO en Santiago

Si yo fuera alcalde: “É o momento de preparar o Santiago da próxima década"

Joaquín García, Secretario comarcal de CCOO en Santiago

Joaquín García, Secretario comarcal de CCOO en Santiago

Redacción

Ao seu xuizo, é o momento de preparar o Santiago da próxima década. Isto, di, débese facer “a través do ámbito participativo”, nomeadamente o Consello Económico e Social, “que é onde se define a Axenda Urbana 2030”. “Debemos aproveitar que Santiago é o único concello galego que a ten na súa fase de execución. Esta axenda cambia a maneira de facer política, porque implica todo o tecido social no deseño das propostas. Entre outras, medidas para aumentar o peso da industria no PIB compostelán, crearía unha empresa enerxética municipal e fomantaría as comunidades enerxéticas, planificaría de xeito máis eficiente o transporte público ou impulsaría un campus da FP en Santiago.

Lois Lopes, Presidente da asociación hostalaria.gal

Lois Lopes, Presidente da asociación hostalaria.gal

Lois Lopes, Presidente da asociación hostalaria.gal

“Faría un metro lixeiro dende barbanza a lavacolla”

O presidente da asociación hostaleira, hostalaria.gal, e responsable do restaurante A Nave de Vidán ve necesario “crear unha norma de proteción de locais de hostalaría e comerciais”, como xa rexe nas Baleares, para evitar que “desaparezan locais coma O Pataca, por exemplo, pola presión do mercado”. Ve necesario que Santiago recupere o liderato cultural de Galicia e tamén a creación dun “metro lixeiro dende a Barbanza a Lavacolla, porque non somos unha cidade, somos unha área, e así tamén resolvermos os problemas de tráfico no Milladoiro, por exemplo, o concello non pode resolvelo, non ten competencias, pero si que pode impulsalo”.

José Antonio Seijas, Presidente de la Asociación Comercio Punto Compostela

José Antonio Seijas, Presidente de la Asociación Comercio Punto Compostela

José Antonio Seijas, Presidente de la Asociación Comercio Punto Compostela

“un sistema de reparto de comida a quen o necesita”

José Antonio Iglesias ten claro que dous cambios lle gustaría levar a cabo en Santiago se fose alcalde. O primeiro, como presidente da Asociación Comercio Punto Compostela, sería “que as normas que afecten aos negocios se tomen de forma consensuada cos mesmos”, algo que na actualidade bota de menos, e pon coma exemplo osucede no ámbito da sanidade moitas veces”. Por outro lado, suxire “a creación dun grupo de voluntarios que, en comunicación cos restaurantes da cidade, poida a recoller a comida que lles sobra a estes para levarlla á xente que a necesite”. Sinala así que “hai moita xente en Santiago que non ten nin para comer, ao mesmo tempo que se desperdician montóns de comida na propia cidade. Estou seguro de que todos eles agradecerían isto”.