ESPECIAL ASCENSIÓN 2024

A Alameda énchese de atraccións, presididas pola noria

Non faltan as tómbolas nin os postos gastronómicos típicos

Arriba, varias persoas na atracción do ‘saltamontes’ e, abaixo,  a Alameda ateigada de xente nunha edición pasada

Arriba, varias persoas na atracción do ‘saltamontes’ e, abaixo, a Alameda ateigada de xente nunha edición pasada / ANTONIO HERNÁNDEZ

Un ano máis o Parque da Alameda convértese no epicentro das famosas atraccións. Estas marcan, de feito, o arranque dunha das festas santiaguesas por excelencia. E é que son, sen lugar a dúbidas, o maior atractivo para nenos e non tan nenos.

A noria é, por descontado, a gran protagonista. Coa súa altura de 52 metros preside a Alameda e pode distinguirse dende calquera punto da cidade. Con todo, hai espazo para moito máis. E é que non faltan as clásicas atraccións como o ‘saltamontes’, as camas elásticas ou os coches de choque.

O que tampouco falta, máis alá das atraccións, son as tómbolas, que ofrecen, sobre todo, enormes bonecos que chaman a atención dos máis cativos. Unha das máis demandadas é a das carreiras de camelos, que consiste en colar bolas por determinados buratos para que o camelo avance na súa travesía. E para repoñer forzas das atraccións e a tómbola, están os postos gastronómicos tan típicos desta festa. O algodón de azucre, as patatas, os churros ou as améndoas e cacahuetes caramelizados son algúns dos produtos máis típicos. Composteláns e visitantes teñen unha cita con ese pequeno universo que conforma a Alameda durante a Ascensión.

LE AQUI O ESPECIAL EN PDF DAS FESTAS DA ASCENSIÓN 2024

LE AQUI O ESPECIAL EN PDF DAS FESTAS DA ASCENSIÓN 2024

LE AQUI O ESPECIAL EN PDF DAS FESTAS DA ASCENSIÓN 2024