Hyupersa Santiago, patrocinador do deporte local

A marca tamén está estreitamente ligada ás carreiras solidarias que apoian a investigación de enfermidades

Guillermo Mouronte, xerente de Hyupersa Santiago

Guillermo Mouronte, xerente de Hyupersa Santiago / ANTONIO HERNÁNDEZ

Hyupersa Santiago, o concesionario oficial Hyundai en Compostela e na súa área de influencia, segue apoiando o deporte local patrocinando distintos equipos deportivos. Non importa a modalidade, Hyupersa aposta polo talento galego de equipos de baloncesto, fútbol ou running. A empresa está, ademais, estreitamente ligada ás carreiras solidarias que apoian a loita pola investigación de distintas enfermidades. Unha das últimas colaboracións neste sentido foi o mes pasado, cando patrocinaron a 4º Cross Andaina Solidaria a favor da investigación de Duchenne e Becker. “Encántanos formar parte destas accións que apostan pola investigación e promoven algo tan importante como é a saúde”, explicaron dende a compañía.

Accións culturais

Máis alá do eido deportivo, a marca aposta tamén pola cultura. Colabora en accións culturais como son os distintos festivais e concertos que se celebran na provincia, así como nas festas máis tradicionais das comarcas da contorna compostelá.

Hyupersa é garantía de evolución e actualidade. Algo que pode verse reflectido nos distintos embaixadores e embaixadoras que representan á concesión.

Coches para todos

Hyupersa Santiago conta con coches novos, de ocasión e servizo posvenda. Ademais a marca quere facilitar o salto á mobilidade eléctrica, e é por iso que coa compra dun coche destas características, a marca adianta o PLAN MOVES III do Goberno, ofrece o cargador e a instalación de balde, vehículo de préstamo gratuíto e seguro ECO, entre outras concesións.

LE AQUI O ESPECIAL EN PDF DAS FESTAS DA ASCENSIÓN 2024

LE AQUI O ESPECIAL EN PDF DAS FESTAS DA ASCENSIÓN 2024

LE AQUI O ESPECIAL EN PDF DAS FESTAS DA ASCENSIÓN 2024