Luis Zahera, "o irmán de Feijóo", aposta por Goretti Sanmartín como alcaldesa de Santiago

“O meu corazón é compostelán e quero mostrar o meu apoio ao BNG”

Luis Zahera amosa o seu apoio a Goretti Sanmartín

Javier Rosende Novo

Redacción

O BNG vén de recibir unha mensaxe de apoio do actor Luís Zahera, para conseguir que Goretti Sanmartín se converta “na alcaldesa que lle pode dar unha volta ao Concello de Santiago”.

No vídeo, que se pode ver nas redes sociais do BNG de Santiago, o coñecido e prestixiado actor que foi gañador de numerosos galardóns entre os que figuran catro premios Mestre Mateo, dous Goya e os do Festival de Cans, expresa que o seu corazón é compostelán e apoia o BNG.

“Xa sabedes que na ficción son o irmán pequerrechiño de Alberto Núñez Feijóo e na realidade o meu corazón é compostelán e quero mostrar o meu apoio ao BNG”, sinala.

“O meu apoio a esa posible alcaldesa Goretti Sanmartín, porque creo que lle pode dar unha volta ao Concello, unha volta a Compostela, e porque unha muller sempre vai facer moi ben as cousas”, afirma Luis Zahera neste vídeo.