Síguenos en redes sociales:

aS cifraS

As Anpas reclaman que se empece xa a implantar as cociñas propias nos colexios

“Somos conscientes de que é complexo e costoso”, recoñece a presidenta Esther Martínez, pero pide que se vaian creando progresivamente nos centros //Só dous contan con elas e no resto sirvese comida de cátering

As Anpas reclaman que se empece xa a implantar as cociñas propias nos colexios

As asociacións de nais e pais de Compostela insisten nunha vella demanda. Queren que os centros públicos conten con cociña propia que ofreza aos cativos comida de calidade en vez de recorrer aos menús realizados por unha empresa de cátering. Malia subida dos prezos dos alimentos, este curso as familias non viron incrementadas as tarifas, que seguen en 4,5 euros por comida. O sobrecuste, que sí se produciu, asumiuno o Concello.

Santiago ten na actualidade un total de trece centros públicos de Educación Infantil e Primaria. Destes, nove teñen un servizo de comedor xestionado polo propio Concello (Ceip Apóstolo Santiago, Fontiñas, Monte dos Postes, Quiroga Palacios, Raíña Fabiola, Ramón Cabanillas, Rodríguez Xixirei, Roxos Villestro e Vite), tres son dirixidos por Anpas (Lamas de Abade, Pío XII e López Ferreiro), e o último, o CEIP Casas Novas ten o comedor xestionado pola Xunta, pero madrugadores do Concello.

Periodicamente o Concello saca unha licitación pública, a última saiu a finais de xullo do ano pasado cunha duración de dous cursos, e gañou a empresa que xa tiña o servizo a pesar de que o prego de condicións sufriu unha modificación. Esta é Alimentación Saudable Galega S.L que propuxo unha oferta final de 2,08 euros para o almorzo e 5,82 euros para o xantar no curso académico 2022-2023. No curso 2019-2020 esta empresa collera o serzizo e comprometera un prezo de 1,76 euros para o almorzo e 4,92 euros para o xantar. Porén, o prezo do servizo para as familias non variou con respecto ao ano 2019: 1,94 euros o almorzo e 4,5 euros o xantar. Isto sucede ao asumir o Concello a diferenza para que as familias non notaron o incremento.

No último ano, entre algúns dos compromisos con respecto ao menú de comida por parte da empresa estaba ofrecer entre 13 e 30 almorzos diferentes, trinta ou máis menús distintos , rotación de alimentos (cinco verduras diferentes á semana, tres legumes diferentes ao mes, cinco carnes distinas ao mes e cinco peixes e moluscos variados ao mes, sendo dous de peixe azul), ausencia de pratos precociñados e froita unha vez á semana como macedonaia ou brochetas. Segundo a análise realizada dos menús dos meses de abril e maios deste ano, documentos accesibles na web do Concello, todo apunta a que se están a cumprimir esas premisas.

A Federación de ANPA Compostela recalca que as familias demandan dende hai anos un servizo que ofreza comida de calidade e que a maiores sexa un referente como servizo socieducativo. “Ten unha función de conciliación, pero iso non quere decir que non poida ter unha función educativa”, di en conversa con este medio Esther Martínez, presidenta de Fanpa Compostela.

Dende o ano 2012, o Concello de Santiago asumiu a competencia do servizo de comedor dos nove centros citados ao principio - dez madrugadores- e optou por un modelo de catering. “É un modelo onde en xeral a calidade é moi mellorable con un prezo baixo, e non responde ao que se agarda para un servizo de comedor onde debería primar un tipo de alimentación máis saudable e de calidade”, declara Eshter. A principal demanda das Anpas de Compostela, xa dende hai anos, é que exista unha cociña propia en cada un dos centros para preparar alí a comida “con produtos de proximidade e de tempada”. Na actualidade só o Ceip López Ferreiro e Casas Novas teñen cociña propia. O resto sírvese de catering coa pequena excepción do Lamas de Abade, que se favorece dun convenio con Hostelería do CIFP Compostela, polo cal o alumnado é o encargado de elaborar a comida de boa parte dos escolares.

Ao actual concelleiro de Educación, e incluso ao antecesor, fixéraselle a proposta de que se avanzase no estudo do que supoñería por en marcha un modelo de cociña en cada colexio, coa idea de comezar cunha experiencia piloto. “Somos conscientes de que é complexo e costoso e non pretendemos que se poñan en marcha en nove cociñas á vez pero si dar pasos con unha planificación e ir vendo a progresión”, recalca Esther Martínez.

LAS CIFRAS

13

Centros públicos de Educación infantil e Primaria Son os que existen en Santiago, deles nove teñen un servizo de comedor xestionado polo Concello, tres son dirixidos polas Anpas e o restante ten o comedor a cargo da Xunta de Galicia.

4.5

Euros por comida. As familias pagan 4, 5 euros por xantar. Pero tras a última licitación, a empresa que ofrece o servizo de catering subiu os prezos de 4,92 euros a 5,82 este curso. A diferencia do sobrecuste asúmea o Concello. Os almorzos sáenlles as familias a 1,94 euros.

Outra das reivindicacións das Anpas vai en base á escaseza de monitorado nalgúns centros para a atención de alumnado con necesidades educativas especiais ou que precisan unha atención especializada, así como a formación do mesmo. “Deberían formarse en certas cuestións que teñen que ver con pautas de introdución de alimentos, con sesións de conflitos, atención educativa...”, sinala. Ademais, abogan por un modelo educativo do servizo de comedor que existe pero descoñecen. “As empresas cando gañan o concurso presentan un proxecto educativo que non chegou a nós, algo inxusto para as familias”, di. Así, dende Fanpa Compostela ven que a propia Concellaría de Educación debería ter un proxecto no que se especifiquen os principios xa que ven como “máis alá das pautas xerais de funcionamento, horario, de que o menú é o mesmo e de que hai un coordinador para cada centro, ao final os comedores funcionan segundo o monitorado que teñen”, o que desencadea que en ocasións se apliquen pautas pedagóxicas diferentes.

Te puede interesar:

O pasado mércores 10 de maio celebrouse unha reunión de seguimento da comisión de comedores escolares do Concello. O punto máis tratado foi a nova publicada na páxina do Concello a día 1 de maio en referencia á hora de aviso por parte das familias da ausencia ao comedor do seu fillo ou filla. “Antes cando o neno non ía acudir ao día seguinte ao comedor podías avisar ata as 20.00 horas do día previo e non cobraban o respectivo, pero agora hai que comunicalo a antes das catro da tarde”, manifesta Esther. As Anpas non entenden esa comunicación a un mes de rematar o curso escolar, e ademais descoñecen a causa. “Non xustificaron ese cambio de hora cando realmente perxudica ás familias porque poden darse imprevistos de última hora”, sinala. Por ese motivo decidiron trasladar esta semana unha queixa por escrito ao Concello.

Cabe mencionar que tras intentar contactar en varias ocasións co concelleiro de Educación para acadar unha valoración do tema, EL CORREO GALLEGO non obtivo resposta

Pulsa para ver más contenido para ti