CA di que é a única formación que tén publicado o seu programa electoral

María Rozas, candidata de Compostela Aberta

María Rozas, candidata de Compostela Aberta / Compostela Aberta

Redacción

A candidata de Compostela Aberta á alcaldía denunciou onte que “a seis días para as eleccións municipais, CA é a única formación que tén o seu programa electoral publicado e accesible para toda a veciñanza”. María Rozas invitou a PSOE, PP e BNG “a facer un exercicio de calidade democrática, e permitir que a veciñanza poida consultar cales son os seus compromisos reais, máis alá dos grandes titulares”. Explicou ademais que Compostela Aberta tén publicado o seu programa electoral na páxina web da organización, “e resúltanos sorprendente que ningunha das outras formacións con representación no Concello de Santiago fixeran este exercicio de transparencia, cando faltan seis días das eleccións”. Ao respecto, salientou que “os candidatos de PSOE e PP e a candidata do BNG levan semanas falando de propostas que din que están no seu programa electoral, pero ese documento non está accesible para a veciñanza”. A cabeza de lista de CA incidiu no caso do Partido Popular “que leva semanas repartindo un folleto cun código QR para consultar o programa completo, pero ao abrilo ainda hoxe se sinala que esa información estará dispoñible próximamente”.