Síguenos en redes sociales:

Bugallo pide o apoio ao PSdeG o 28-M por ser o único “voto útil, sensato e centrado”

O alcalde socialista estivo acompañado nun ‘paseo electoral’ por Pilar Alegría, ministra de Educación, e polo secretario de organización do partido, José Manuel Lage Tuñas

Bugallo pide o apoio ao PSdeG o 28-M por ser o único “voto útil, sensato e centrado”

A poucos días do peche da campaña electoral, o actual alcalde de Santiago, e candidato á reelección, Xosé Sánchez Bugallofíxose acompañar na tarde de onte pola ministra de Educación, Pilar Alegría, e polo secretario de Organización do PSdeG, José Manuel Lage, nun paseo electoral pola cidade.

A ministra, que previamente tamén visitou as alcaldesas de Lugo, Lara Méndez, e da Coruña, Inés Rey, destacou a impronta positiva que deixan os alcaldes socialistas. “A Santiago el PSOE le ha sentado muy bien, como a otras ciudades, la impronta de estos alcaldes y alcaldesas ha hecho ciudades más modernas, más accesibles y habitables”.

Pilar Alegría quixo animar á participación porque “la herramienta más poderosa es el voto” fronte a un Partido Popular que na súa apreciación está a ter “una campaña perdedora” sen comunicar unha soa proposta para a cidadanía. Sen embargo, non quixo responder ás preguntas dos xornalistas sobre a actualidade do seu partido, a pesar que foi preguntada polas tramas de suposta compra de votos por correo que levaron á expulsión de dous militantes de Mojácar (Almería).

Ao igual que Pilar Alegría, na liña de pedir o apoio tamén falou Xosé Sánchez Bugallo, apelando “aos que me votaron hai catro anos e aos que apoiaron ao PP hai catro anos, quero apelar ao voto útil, sensato e centrado que é a candidatura que eu represento”, explicou. Bugallo analizou a campaña, “a escasas 48 horas do seu remate”, como moi interesante, xa que se “foron definindo as posicións e queda claro, aínda que xa o estaba desde o principio, que hai un só voto razonable, que é ao Partido Socialista”. “Para que Santiago non sexa unha cidade de confrontación, senón un punto de encontro no que traballar de forma sensata a favor da cidade”, explicou aos medios.

O candidato do PSdeG referiuse tamén “ao aspirante do PP”, Borja Berea, “que hoxe temos claro que está lonxe de conseguir o seu obxectivo”. E tamén ao PP fixo referencia, José Lage Tuñas, porque “en Compostela xa saben o que sucede cando goberna o PP”. “O que está pasando en Ourense con Jácome, Baltar e Cabezas xa pasou en Santiago”, dixo en referencia ao último mandato dos populares na cidade, “con tres alcaldes” que converteron Raxoi “na casa dos líos”. O secretario de Organización do PSdeG tamén se referiu ao goberno de Compostela Aberta, comentando que cando estiveron no goberno “viñan a inventar a rueda e o único que conseguiron foi ter a cidade parada”. Lage apostou no remate da súa intervención por “non atoparnos o luns cun pesadelo”, por tanto, pediu o apoio ao PSOE porque “é o único proxecto político que se preocupa por resolver os problemas dos cidadáns” e o seu candidato, dixo Lage Tuñas, é “solvente e con experiencia”.

Te puede interesar:

A axenda de hoxe

No serán de hoxe, ás 20 horas, o candidato socialista en Santiago reunirase coas veciñas e veciños de Santa Marta e A Choupana, no Centro Sociocultural de Santa Marta. No encontro, Sánchez Bugallo estará acompañado, como xa é habitual, por membros do equipo de goberno e da candidatura socialista.

Pulsa para ver más contenido para ti