Última proxección do ciclo sobre Bob Fosse do Cineclube Ateneo en Compostela

A sesión, que terá lugar ás 19.15h no Salón de Actos Isaac Díaz Pardo

Imaxe do filme «All that Jazz [Comeza o espectáculo]»

Imaxe do filme «All that Jazz [Comeza o espectáculo]» / ATENEO

Redacción

O martes, 30 de maio, o Ateneo de Santiago levará a cabo a última sesión do Ciclo «O cinema musical de Bob Fosse» do Cineclub Ateneo, coa proxección do filme «All that Jazz [Comeza o espectáculo]» (1979). A sesión, que terá lugar ás 19.15h no Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago (Pr. Salvador Parga, 4-2º, Santiago de Compostela), estará presentada e comentada por Antón Porteiro, coordinador deste ciclo de películas.

Carátula da película «All that Jazz» de Bob Fosse

Carátula da película «All that Jazz» de Bob Fosse / ATENEO

All that jazz é un retrato da cara oculta do espectáculo, onde se narra a vida dun implacable coreógrafo pouco convencional, mostrando a dureza, o esplendor e a decadencia das persoas deste mundo, a quen o triunfo lles nega ás veces a posibilidade doutros afectos.

Antón Porteiro Lago foi Profesor e Director de distintos Centros docentes na cidade de Santiago perante máis de quince anos e Presidente da Asociación Galega de Academias. Entre 2002 e 2011 foi asesor Técnico na Dirección Xeral de Centros da Consellería de Educación da Xunta de Galicia.