Cita das Cidades Patrimonio da Humanidade en La Laguna

Aprobaranse, entre outros asuntos, o programa de actividades con motivo do 30 aniversario do colectivo

Fachada oeste de la Catedral

Fachada oeste de la Catedral / Javier Rosende Novo

ECG

O alcalde de Santiago en funcións, Xosé Sanchez Bugallo, asiste hoxe en San Cristóbal de La Laguna á Asemblea Xeral do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, na que se aprobará, entre outros asuntos, o programa de actividades con motivo do 30 aniversario do colectivo. O alcalde de La Laguna e presidente do Grupo, Luís Yeray Gutiérrez, sinala que “esta será unha asemblea moi especial, porque entre outros puntos, aprobaremos o programa de actos e eventos organizado con motivo do 30 aniversario do nacemento do Grupo”.