Incendio nas instalacións de Proxecto Home no Cotolengo

Imaxes do dispositivo de bombeiros á súa chegada ao edificio de Proxecto Home / A. hernández

Imaxes do dispositivo de bombeiros á súa chegada ao edificio de Proxecto Home / A. hernández

Redacción

Na tarde de onte as instalacións que Proxecto Home ten na rúa Cotolengo sufriron un incendio debido a que “ardeu un cadro eléctrico no cuarto de contadores”, segundo informaron a EL CORREO dende o Corpo de Bombeiros. Aínda que “non se sabe con claridade que é o que puido pasar”, afortunadamente o incidente resolveuse sen ningunha persoa ferida. O feito de que fose un contador o que ardeu deu lugar a unha grande e intensa fumareda, unha alarma que se acentuou coas sereas do corpo de bombeiros, pero o lume que se produciu “foi pequeno”.